PERSONAXES

Proximo Persoaxe:






   XOSE LUIS OTERO BECERRA
 "PINTOR ESCULTOR"

 NOCELO DA PENA  1964 ,  o maior de tres irmáns, reside en Vigo e o seu estudio teno en Atios Porriño. Hai xente que de pequeno apunta a metas maiores, e creo que o noso personaxe era un deles..
Aínda que poucos se lembren  foi un dos primeiros en facer atlestismo en Nocelo, xunto co sr Valerio,según me comentaba neste veran  nunha charla moi amena que tivemos.
Luis é  amante do seu Pobo ,como o que máis , sempre nas súas entrevistas di orgulloso que o seu pobo é Nocelo da Pena, creo que por razóns de traballo non non o visita todo o que el quixera, pero cando  ten un oco ,déixase caer polos lugares onde pasou a súa nenez e disfruta de cada recuncho,

Din das  súas pinturas que ten unha mezcla do impresionismo de Monet, e do postimpresionismo de Van Gogh.
 As súas paisaxes ao óleo  son impresionistas realizados á espatula a maioria con movementos rápidos  de barrido xeralmente unidirecionais de caligrafia xestual.
  A súa vision da natureza  é aberta e sobre todo plástica.

      Cada cadro ten  o seu ambiente tonal, responsable do seu carácter atmosférico, que o noso veciño coida moito de manter., con cores neutralizados que dan como resultado  cadros belisimos e armonios.

  Foi o primeiro pintor Galego en Expor a sua Obra no Comité de Rexións de Bruxelas.
Entre as súas exposicións  podemos destacar:
2006 - Arte na planicie (Evora ) Portugal
2006-  Casa de Cultura de Burela
2007- Conectarse Internacional Art Contest Cordoba
Expuxo  ademais na Casa de Cultura de Xinxo de Limia
na Casa de Galicia en Madrid
Edificio Simeon (OURENSE)
E podería seguir.......
Recibíu numerosos premios que non os vou lembrar todos destacaria, 2º Premio de Pintura .VII  Bienal Eje  Atlántico.
Sexto premio de Pintura Jaurena art Armir (BARCELONA)
Certame Bello Piñeiro  (Concello de Mugardos)


























































XOSE LUIS MARTINEZ CARNEIRO                                           
Mais coñecido por os veciños de Nocelo como "O PERIODISTA",nace no noso pobo no ano 1961,estuda ciencias da informacion en Madrid,.En 1981 trasladouse a Universidade de Minneapolis, onde desenvolve un curso de cinematografia e realiza alguns traballos en soporte cimanotografico.Escribe varios guions para TV.Realiza o programa "Oagro" pra TVG e varios spots de publicidade institucional. Escribe e dirixe unha cobiziosa serie para TVE en seis capitulos sobre a fronteira hispano portuguesa "a raia"

No 1999 funda a sua propia produtora audivisual "limaia producions, en Sandias, dende a que segue adesenvolver o seu labor complementando cunha area de animacion 2D.Dende esa epoca ata agora saen producions propias ou da serviso a clientes como: Lotura Films, ETB, CANAL SUR,Discovery Channel, TVG, pero un dosu seus exitos veulle como escritor co libro de edicion Xerais : ANTELA a memoria Asolagada, donde narra a historia da lagoa da antela no proceso de secado, na actualidade reside en Ourense , aunque os fin de semanas se deixa ver por as corredoiras de Nocelo.


             MIRYAN GALLEGO




AGOSTO 2016 O CAMPO (NOCELO)











Cando ainda era pequena decia a sua avoa de ela  ,que era unha nena  que estudiaba moito , todo  canto falaba da sua neta eran cousas boas "esta miña neta vai chegar a algo na vida", a sua avoa viña sendo a Maria Lourenza , que viviu no Campo o lado do Forno,  eu que a chegei a coñecer teño que decir que era unha muller maravillosa, sempre pensando nos demais.,.Mirian ten outros dous irmans  Lalo,o maior , e Araceli.Cando ainda vivia a  a sua avoa ,viñan nas festas   de San Lourenzo a pasalas a Nocelo .
Mirian naceu no ano 1976, en Ourense, mide 1.68, ollos, marrons .cabelo. marron claro.Ten un fillo que se chama LUNA .
A os 18 anos foise a estudiar a Madrid, "Arte Dramatico"., aunque os seus primeiros papeles como actriz interpretounos  en Galicia, na serie da TVG  "platos combinados".
No ano 2000, traballou en el Comisario de Telecinco-.e en Policias , en el corazon de la calle de Antena 3,
Un  dos seus maiores exitos chegoulle no ano 2000 co a serie estrela da quela epoca , PERIODISTAS, donde facia o papel de Claudia , donde traballou ata o ano 2002
2006 .En Aida , Telecinco
Hoxe en dia traballa  na serie estrela da tve,. AGUILA  ROJA",Donde no ano 2010 estivo nominada a mellor actriz de television,e no ano 2011 gañou o premio  o personaxe do ano de  television.




  






               ION FIZ 




                                                                                               
                                                                                     
     Máis coñecido para nós ,coma  "Juanjo" do Picañó, irmán de Rocío,.Nace en Eibar no ano 1976,  pasaba os veráns en Nocelo, sobre todo  cando era  pequeno  xunto cos seus pais e   avós. Na actualidade reside en Bilbao,. di por aí nalgunha entevista que lle fixeron, que se decidíu adicar á moda sendo crío e aproveitando que a súa avoa María era modista e o tio xastre , collíalle anacos de tela e vestía ás bonecas. Aos 17 anos matriculouse na escola de Lanca de Bilbao, pasou polo seminario Balenciaga
   
           Mentras completa a súa formación traballa como axudante de xastrería  en Eska de Bilbao, xunto coa diseñadora Elisa Amann ,presentando coleccións nas pasarelas ,CIBELES, GAUDI.
   
    Confecciona coleccións como  "free-lance" para as firmas Karthu e Bonaventure . Ademais elabora un vestiario escénico para obras de Teatro e coleccións en Denim para a fábrica de tecidos Narvaiza. Respondendo un encargo persoal do modisto de Alta cstura Javier Balenciaga,
  Pero non todo  na súa carreira profesional foi cor de rosas , tamén tivo contratempos , un  dos principais   transcorrería no ano 1995 , días antes de desfilar en Cibeles , a súa socia capitalista secuestroulle tódolos seus diseños.
       
En 1997 crea a súa propia firma "ION FIZ" , no ano 2001 coñeceu a fundación Dema  a través dun anuncio en radio , e motivado poso soño de crear a súa propia empresa, presentou solicitude, que foi aceptada e hoxe realiza a terceira e derradeira fase do programa de apoio á creación de empresas.
As súas coleccións atopan inspiración  en temas como a arte "naif" , fotografías e obxectos antigos, arquitectura , a xastrería clásica ... introducindo acabados á man artesanais de alta costura. Esculpe directamente sobre un maniquí ou a propia modelo.
Gran seguidor de Balenciaga ou Christian Lacroix, considérase un loitador.
Segundo el di, a constrancia é a clave do éxito.



Festas de Nocelo 2024

 Chegaeon as datas que todo veciño de Nocelo está esperando ,podíamos denominala  ""a semana grande" O martes super gran cump...