Resumo das Festas de Nocelo na Honra a San Lourenzo
Tardes de troula, deporte, música e moita convivencia na semana grande do noso pobo. Unhas festas completas onde houbo de todo e para todas as idades:
* Día 5 (Aniversario BTT Nocelo): Arrancamos coa ruta ciclista de 40 km polos montes do pobo, rematando como se merece: cunha boa comida e moita troula.
* Día 8 (Festa de Disfraces e Futbolín): Ninguén quixo perderse a orixinalidade da festa de disfraces, compaxinada coa competitividade do campionato de futbolín.
* Día 9 (Día dos Peques): Moita diversión e xogos no campo da festa dedicados aos máis pequenos da casa.
* Día 10 (Día Grande de San Lourenzo): Misa solemne acompañada de charanga, e unha tarde/noite pola porta grande ao ritmo da orquestra Fuego.
* Día 11 (Fin de Festa): Misa solemne, sesións de charanga e un peche de ouro pola tarde e noite cos cracks da orquestra Nebraska.
> Unas festas para o recordo! Viva San Lourenzo e viva Nocelo! 🎉🥳
























No hay comentarios:
Publicar un comentario