miércoles, 12 de agosto de 2026

San Lourenzo 2026

 

Resumo das Festas de Nocelo na Honra a San Lourenzo

Tardes de troula, deporte, música e moita convivencia na semana grande do noso pobo. Unhas festas completas onde houbo de todo e para todas as idades:

 * Día 5 (Aniversario BTT Nocelo): Arrancamos coa ruta ciclista de 40 km polos montes do pobo, rematando como se merece: cunha boa comida e moita troula.

 * Día 8 (Festa de Disfraces e Futbolín): Ninguén quixo perderse a orixinalidade da festa de disfraces, compaxinada coa competitividade do campionato de futbolín.

 * Día 9 (Día dos Peques): Moita diversión e xogos no campo da festa dedicados aos máis pequenos da casa.

 * Día 10 (Día Grande de San Lourenzo): Misa solemne acompañada de charanga, e unha tarde/noite pola porta grande ao ritmo da orquestra Fuego.

 * Día 11 (Fin de Festa): Misa solemne, sesións de charanga e un peche de ouro pola tarde e noite cos cracks da orquestra Nebraska.

> Unas festas para o recordo! Viva San Lourenzo e viva Nocelo! 🎉🥳



























lunes, 25 de agosto de 2025

Gracias os veciños ainda vemos todo verde

 Domingo 17 de agosto, un dia para lembrar ,unha vez mais viuse o pobo de Nocelo unido.As campas comenzaron a repinicar e non era para ir a misa ,se non para ir apagar o lume que estaba entrando no noso monte ,tres focos activos,.Poucos medios tiñamos uns 15 batalumes e xestas ,a media tarde, contamos ca motobomba do Concello de Sarreaus  ,de gran axuda por certo. Puñanse os pelos de punta as dimensions do incendio eran inmensas,os mais vellos ian dandolle  ordes os mais novos de como apagar,todos a unha sin ningunha mala cara,orgullosos do que estábamos facendo,sobre as 12 da noite por fin demolo controlado ..Grandes veciños de  Nocelo.

Xa ai algunha iniciativa de por un novo marcó dos  valientes.





















Festas San Lourenzo 2025

Nocelo non podía quedar sin festa ,a última semana confirmouse o cartel das mesmas.












San Lourenzo 2026

  Resumo das Festas de Nocelo na Honra a San Lourenzo Tardes de troula, deporte, música e moita convivencia na semana grande do noso pobo. U...